Comisión de Festas

Brais das Hortas_Comisión de Festas_Apego Compostela
Crianzas

CONTOS NO PARQUE

Para poñérmoslles o ramo aos Contos no parque deste ano temos Comisión de Festas, de Brais das Hortas.

Brais das Hortas ten un plan : armar a festa! Pero non o pode facer só, precisa unha Comisión de Festas.

Neste novo espectáculo que mestura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público. A música, o baile, a risa e a interacción co público irán transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa. E aínda hai máis! Unha galiña cantando con autotune en Tarde piaches, un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en Peito Lobo…

Disto vai Comisión de Festas, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.

Por mor da predición meteorolóxica que anuncia choiva moderada para o martes, 25 de agosto, o espectáculo vai ser trasladado ao Espazo Apego.

Require inscrición previa no seguinte formulario:

Inscrición.

O prazo de inscrición remata o martes, 25 de agosto, ás 12h.

Dirixido a : 
A partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 25/08/2026 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
100