Bichocas

Xarope Tulú
Crianzas

Tachán!

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 8. “Bichocas”, de Xarope Tulú (de 0 a 3 anos)

UUn espectáculo onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. Coas protagonistas destas historias aprenderemos a importancia de sermos diversas e a posibilidade de compartir os afectos.

Entre os obxectivos de Bichocas están estimular a creatividade individual e colectiva, incentivar á observación activa das crianzas, favorecer a socialización en galego na primeira infancia e recoñecer a riqueza léxica do noso idioma.

Inscrición

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 08/10/2026 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
30