Zapatos

Crianzas

Que pasa con todos os zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan ao recuncho dun xardín fantásticas historias, as vivencias que traen unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos e darlles a benvida ao lugar onde van quedar e onde compartirán emocións coas belas bailarinas, o pequecho dos irmáns, os namorados, o sol e a nube, os centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

Xoves 27 de outubro. Ás 17 e ás 18.15 h no Espazo Apego

Inscrición para Zapatos o 27/10/2022 ás 17 h

Inscrición para Zapatos o 27/10/2022 ás 18.15 h

COLABORACIÓN DO PROGRAMA FALAREDES DA XUNTA DE GALICIA

Dirixido a : 
Para nenos e nenas de 1 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 27/10/2022 - 17:15
Espazo Apego
Prazas: 
25