Youtubeiras

WEB
Mocidade
Xeral

Youtubeir@s é un programa colaborativo, do que formamos parte con outros concellos e universidades, dirixido a fomentar e visibilizar o uso do galego nunha das redes sociais máis influentes do momento.

 

A través das accións formativas, da convocatoria dun concurso, dunha gala, da difusión dos audiovisuais en diferentes redes ou da presenza en festivais e actividades de encontro, pulamos por que se creen novos contidos, asentados na nosa realidade e na nosa lingua, e axudamos a que se coñezan os que existen.

 

As bases do certame inclúen premios ben interesantes en varias categorías para dar cabida a case calquera xénero e valorar aspectos concretos como a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica ou a calidade lingüística. Na categoría #propostayoutubeira tamén se premia en cada convocatoria un vídeo proposto polo público que non concorrese directamente ao concuso.

 

Toda a información sobre o proxecto e as diferentes accións está dispoñible en www.youtubeiras.gal.

 

Dirixido a: 

Calquera persoa maior de 14 anos.