Xullo no Espazo Apego

Crianzas
29/06/2022

Xullo, verán, calor, praia, río… auga!

Para levar mellor este tempo de calor buscamos achegarnos á auga. Ás veces non podemos ir á praia nin á piscina pero si podemos montar algunha festiña nalgún recuncho que se poida mollar. Aquí vos deixamos unha idea que pescamos da Escola Vigo Valadares, pertencente á Rede de Escolas Infantís de Galicia, e de camiño invitámosvos a ver os contidos que publican:

https://www.escolasinfantisdegalicia.es/vigovaladares/2021/06/14/cun-pouco-de-auga-xa-temos-unha-festa/

E sempre temos tamén as opcións que nos ofrece o Espazo Apego. Mirade a programación deste mes e non tardedes en anotarvos!

 

MARTES

 

Tardes de contos

O tempo dedicado ás historias, grandes e pequenas, que saen dos libros, que alguén nos conta, que inventamos….

Os martes, con dúas opcións: para a xentiña máis pequena (0-3 anos) ás 17 h e para a non tan pequena (3 a 6 anos) ás 18.15 h.

Inscrición en Tarde de contos 5/07/2022 (0-3 anos) 17 h

Inscrición en Tarde de contos 05/07/2022 (3-6 anos) 18.15 h

Inscrición en Tarde de contos 12/07/2022 (0-3 anos) 17 h

Inscrición en Tarde de contos 12/07/2022 (3-6 anos) 18.15 h

Inscrición en Tarde de contos 19/07/2022 (0-3 anos) 17 h

Inscrición en Tarde de contos 19/07/2022 (3-6 anos) 18.15 h

Inscrición en Tarde de contos 26/07/2022 (0-7 anos) 17 h

Inscrición en Tarde de contos 26/07/2022 (3-6 anos) 18.15 h

 

MÉRCORES

 

Tardes xogantinas

Que vai ser se non é xogar?

Todos os mércores de 17.30 a 19 h as crianzas de 3 a 6 anos teñen unha ocasión de “liberárense” e quedar sen papás nin mamás para pasalo moi ben.

 

Inscrición para Tardes xogantinas 06/07/2022

Inscrición para Tardes xogantinas 13/07/2022

Inscrición para Tardes xogantinas 20/07/2022

Inscrición para Tardes xogantinas 27/07/2022

 

XOVES

 

Lingoretadas

Un xoves si e un xoves non falamos, cantamos… e dámoslle á lingua sen parar.

Para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, ás 17.30 h

Inscrición para Lingoretadas 07/07/2022

Inscrición para Lingoretadas 21/07/2022

 

Palma repalma de Pavís Pavós

14/07/2022 no Espazo Apego / 17 h para 0-3 anos / 18.15 h para 3-6 anos

Pavís Pavós achegaranos á maxia de escoitar historias, coas que pensar, aprender e, máis que nada, gozar. Nunca podemos predicir que camiño seguirán pero si que o percorreremos na nosa lingua.

Pavís Pavós leva máis de 25 anos investigando e recuperando o xeito tradicional de contar contos e levándoo ata miles de orelliñas ansiosas.

Inscrición para Palma repalma de 0-3 anos (17 h) 14/07/2022

Inscricion para Palma repalma de 3-6 anos (18.15 h) 14/07/2022

 

Cancións da casa da miña avoa de Xavi Longueirón

28/07/2022 ás 18 h no Espazo Apego

Na casa da avoa, a onde o protagonista da historia vai vivir por un tempo, descobre a música e a composición. Pouco a pouco vai aprendendo a tocar a guitarra e a pandeireta e creando as súas propias cancións.

Xavi Longueirón é músico  e mestre con formación teatral e de clown e cunha xa longa experiencia na creación de música infantil.

Inscrición "Cancións da casa da miña avoa" 28/07/2022

 

Resumo: 

As actividades do mes de xullo, con Palma Repalma e Xavi Longueirón como artistas convidados