Xogos musicais coa palabra

Crianzas

Obradoiro de xogos musicais coa palabra: pór música a un conto

Mirari Urruzola, de Teatro Babaluva, ilustrará un conto cos recursos sonoros máis próximos e familiares… Aprenderemos todos xuntos con que pouca cousa podemos facer música neste obradoiro sensorial!

A partir dun conto trataremos de buscar resursos sonoros para ilustralo (con voces, con instrumentos, con recursos naturais...) desenvolvendo unha dinámica cunha serie de xogos musicais.

A partir de 2 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda).

Dirixido a : 
A partir de 2 anos.
Data, hora e lugar: 
Xov, 10/06/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25