As vacinas nas crianzas
Cando comezamos a vacinar as nosas crianzas? Por que é necesario vacinalas? Cal é o calendario de vacinación infantil? Nesta charla falaremos directamente con Joam Casas (médico de familia) como profesional da medicina nun espazo onde poñer en común as diferentes teorías e experiencias, as nosas dúbidas ou medos...
Haberá espazo de conciliación Enredando de xeito paralelo (só hai que solicitalo no formulario de inscrición).
Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades teñen un límite reducido de asistentes e precisan inscrición previa. A inscrición faise cubrindo cubrindo o seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.