A vaca Paca

Crianzas

Un conto educativo sobre o glute para un mércores de escoliña! 

Hai moitas persoas que son intolerantes ao glute e aínda non o saben. Poden sentir a dixestión pesada, non medrar ao ritmo que deberían, ter dores dores articulatorias... ou simpelmente non ter ningún síntoma. Paca vai falar de todo isto para poder entender que é o que nos pasa e para entender que é o que lle pode pasar a alguén que coñezamos e as posibles consecuencias. Nunca está de máis empatizar con quen convivimos!

Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) aproveita o conto da vaca Paca para explicarnos en que consiste a enfermidade celíaca. A dieta libre de glute é o tratamento que hai que seguir, pero… Que é o glute? Que alimentos o conteñen? Cales son as estratexias para evitar a contaminación cruzada? Paca váinolo aclarar e imos saber algo máis tamén sobre a alimentación adaptada e saudable!

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Familias
Data, hora e lugar: 
Mér, 28/10/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20