Un saco de contos

Un saco de contos_Ángeles Goás
Crianzas

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Os contos contados nesta sesión sairán dun saco máxico cargado de historias tradicionais e literarias que, libremente, agasalla a cambio de recitados, trabalinguas, adiviñas… Ángeles Goás é quen nos trae este saco de contos, un espectáculo de narración oral caracterizado pola variedade e a adaptación.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 5. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas entre 0 e 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 06/06/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25