Un bico para Alí

Inscrición
Un bico para Alí
Crianzas

OS XOVES FUNCIÓN!

Representacións teatrais, musicais, contacontos, sensoriais… guiadas por artistas especializados para os máis pequenos da casa. Os xoves hai función no Espazo Apego!

Neste xoves de función Ruth de Fabaloba e Luís Prego cóntannos e cántannos a historia de Alí. Entre os novos amigos de Alí hai un moi especial: un neno con problemas por mor dun vento triste que lle levou a fala. Tamén aproveitarán a ocasión para mostrarnos recursos ben xeitosos para a crianza en galego!

De 0 a 6 anos

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

 

Dirixido a : 
De 0 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 23/07/2020 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
20