Trispilistriñas

Crianzas

Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez, Pavís Pavós, teñen unha maleta repleta de contos, cantos, arrolos e xogos recuperados da tradición oral para os bebés e as súas familias. Podemos facelas propias e levalas para a casa!

Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiñas,

trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 24. Neste espectáculo non hai límite de persoas adultas acompañantes para fomentar a formación parental. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 25/05/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25