A transmisión de prexuízos
Arraianas conduce este obradoiro de hora e media no que poñeremos o foco sobre os prexuízos que, moitas veces sen nos dar conta, estamos pasándolles ás nosas fillas e fillos. Intentaremos, coa participación de todas as persoas que asistan, achegar estratexias que nos axuden no día a día para evitalo.
O obradorio é de balde e está aberto a calquera persoa adulta coidadora de crianzas entre 0 e 6 anos. Cómpre inscribirse e agardar a confirmación da praza (que recibiredes no mesmo enderezo de correo que facilitedes ao anotarvos). O prazo está aberto ata as 12 h do día anterior á actividade. Posteriormente enviamos os correos para confirmar as prazas.
Se tedes que acudir con peques entre 2 e 6 anos haberá unha actividade na sala contigua para que poidan pasalo tamén moi ao xeito. Anotádeo na inscrición.