Tardes Xogantinas, un novo espazo para a socialización en galego
Todos os mércores, de 18 a 19.30 h, entre o 13 de marzo e o 26 de xuño, contaremos cun novo espazo de xogo para a cativada no que experimentar a normalidade de se relacionar en galego: as Tardes Xogantinas, na ludoteca María Miramontes das Fontiñas.
Xandobela, unha cooperativa do ámbito sociocultural con ampla experiencia en actividades pedagóxicas e de tempo libre, será a encargada de guiar as sesións, nas que haberá contidos diversos e divertidos, mais nas que a lingua terá unha presenza constante e enriquecedora.
As Tardes Xogantinas, como nomeamos esta proposta, quere contribuír aos obxectivos do programa Apego que vimos desenvolvendo e sumarse asemade á liña xa iniciada co Territorio Xogantín que mantemos durante as vacacións de verán. Neste caso, a actividade diríxese ao colectivo de nenos e nenas de 3 a 6 anos e ofrece 15 prazas en cada sesión.
A participación é aberta e independente para cada un dos días. Require, unicamente, achegarse á ludoteca dez minutos antes do comezo e cubrir a ficha de inscrición. As prazas dispoñibles cubriranse por orde de chegada.