Tardes xogantinas

As Tardes xogantinas son un tempo no que socializar e xogar en galego para nenas e nenos de 3 a 6 anos. Un recuncho semanal de xogo colectivo onde aprender e experimentar en grupo e coa lingua como vehículo e como elemento de cohesión e acceso ao patrimonio lúdico tradicional.
Cada sesión terá unha duración dunha hora e media, sen acompañamento das persoas titoras e baixo a guía, sempre divertida e educadora, de Xandobela!
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo este formulario:
Inscrición para Tardes xogantinas 06/07/2022
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda.