Tardes de contos

Crianzas

Un tempo para entrar nos contos e experimentar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente e en dous horarios:  de 17 a 18 h para menores de 3 anos e de 18.15  a 19.15 para 3 a 6 anos.

Este mes centraremos a atención na figura das avoas e dos avós, esas persoas ás que nunca se lles acaban os abrazos nin os momentos para facernos sorrir.

 

Martes 18. Festa!

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

 

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 3 anos e de 3 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 18/07/2023 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15