Tardes de contos

Crianzas

Contos de calquera das maneiras posibles para achegar a cativada á literatura oral e escrita.

Para nenas e nenos ata 6 anos. 8 prazas, acompañados de cadansúa persoa adulta.

Os martes (agás festivos).

 

É imprescindible anotarse previamente NESTE FORMULARIO. A inscrición pecha o día anterior á actividade ás 12 h. Posteriormente envíase unha confirmación da praza ao correo electrónico indicado.

Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. Prégase que, como máximo, acuda unha persoa adulta por crianza.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades éntrase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e roupa cómoda) e será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

Dirixido a : 
Nenas e nenos ata 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 27/07/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25