Seguridade: a contramarcha
O mércores 10 de xuño temos a primeira charla do mes de xuño para nais e pais, Seguridade viaria: a contramarcha, impartida por Gaia Ecocrianza no Espazo Apego.
Falarase sobre a importancia de que as crianzas viaxen seguras o maior tempo posible cos sistemas de retención infantil correctos.
Está dirixida a familias que agarden un bebé ou con crianzas de entre 0-5 anos.
Paralelamente, a actividade Enredando será unha alternativa de conciliación na sala contigua para quen a necesite mentres acode ao faladoiro. Acolleranse nenos e nenas de 2 a 6 anos.
É necesario inscribirse enviando unha mensaxe de correo ao Departamento de Lingua (dlg@santiagodecompostela.gal) na que se indique o nome completo das persoas que acudirán e un teléfono de contacto. Se precisa facer uso da alternativa de conciliación, cómpre indicalo e tamén completar o nome do neno ou nena e a súa idade. O prazo para anotarse na actividade comeza ás 00 horas do mércores anterior. Enviarase a confirmación da praza tamén por correo electrónico.
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas maiores de 6 anos.
E, atentas! Cada mércores, a familia vai á escoliña.