Rosa e azul

Contos no parque 2021
Crianzas

 

Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! Nun espazo perfecto, ao aire, no segundo martes do mes chegarán Pérez&Fernández con "Rosa e azul".

Pérez&Fernández / “Rosa e azul”

Unha sesión de contos teatralizados que celebra a diversidade e que rompe cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto desde que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e monicreques artesáns, mesturaranse historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respecto, o amor, a tolerancia e a diversidade.

Para seguirmos sendo prudentes, haberá limitación de prazas e, polo tanto, será necesario inscribirse previamente. Pode facerse desde o xoves, 5 de agosto en reservas.gal

Será obrigado levar a máscara e recomendamos tamén unha mantiña para sentar na herba!

Dirixido a : 
Crianzas a partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 10/08/2021 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas: 
150