Ramona Órbita

Pakolas
Crianzas

Ramona Órbita, a dona do tempo

Este xoves hai función!

Pakolas vainos traer un concerto cheo de humor no que coñeceremos as aventuras de Ramona Órbita e a súa máquina do tempo e co que aprenderemos, cantaremos e gozaremos a ritmo roqueiro.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN 

As prazas son limitadas e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición (a partir das 12 h do día anterior ao espectáculo)

En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
A partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 07/04/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25