Quen vén?

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…
Cada luns ten un enfoque diferente e neste compartiremos a tarde cunha visita especial interxeracional que nos fará pasar un tempo ben divertido, para compartirmos e coñecermos os recursos máis próximos da contorna. Desta volta, a Compañía Títeres Alakran faranos unha exhibición de música popular con monicreques e deseguido construiremos o noso propio instrumento.
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte:
Luns 17. Quen vén? Compañía Títeres Alakran
O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do venres anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerre o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.