Prográmanse vinte e tres obradoiros de regueifa en centros de Ensino
Á volta de Semana Santa comezarán os 23 obradoiros programados cos centros de ensino que acolleron esta actividade para ofrecer ao seu alumando unha ocasión de coñecer polo miúdo as características desta forma de improvisación oral en verso e de adquirir os coñecementos básicos para comezar a producir as súas creacións. En tolas, achegarán a regueifa a uns 600 rapaces e rapazas.
Aos centros acudirán, por parellas, Lupe Blanco, A Rabela e Josiño da Teixeira, que forman parte do movemento de renovación deste xénero, para impartir cada un destes obradoiros prácticos que terá unha duración de 90 minutos.
Os obradoiros escolares, deseñados desde o proxecto irmán Regueifesta, buscan un modelo de práctica regueifeira no que a igualdade e o respecto por todas as persoas teñen un peso importante, á vez que fornecen de ferramentas para activar a mocidade en prol da lingua.
Velaquí o calendario de obradoiros:
CEIP Lamas de Abade
9 de abril, de 9.15 a 10.45 (6ºA e 6º B primaria)
14 de abril, de 9.15 a 10.45 (5ºA e 5ºB primaria)
16 de abril, de 9.15 a 10.45 (5ºC e 6ºC primaria)
Colexio Vilas Alborada
14 de abril, de 11.30 a 13 h (5º primaria)
16 de abril. de 11.30 a 13 h (5º primaria)
Colexio Nosa Señora dos Remedios
20 de abril, de 12.40 a 14.10 (1º ESO)
23 de abril, de 12.40 a 14.10 (1º ESO)
20 de abril, de 10 a 11.30 (4º primaria A e B)
23 de abril, de 9.30 a 11.30 (6º primaria A e B)
30 de abril, de 9.30 a 11.30 (2º ESO B)
30 de abril, de 12 a 13.30 (2º ESO A)
CEIP Apóstolo Santiago
9 de abril, de 12 a 13.30 h (3º ciclo A de primaria)
28 de abril, de 9 a 10.30 h (3º ciclo B)
28 de abril, de 12 a 13.30 h (3º ciclo de primaria C)
IES Lamas de Abade
27 de abril, de 12.45 a 14.25. (3º ESO)
29 de abril, de 12.45 a 14.25. (2º ESO)
IES de Sar
26 de abril, de 8.50 a 10.30 h (1º ESO)
26 de abril, de 10.50 a 12.30 h (2º ESO B)
26 de abril, de 12.50 a 14.20 (2º ESO A)
Escola Semente
7 de maio, de 10 a 11.30 h (3º, 4º e 5º primaria)
CEIP Mestre Rodríguez Xixirei
4 de maio, de 10 a 11.30 h (6º primaria)
4 de maio, de 12 a 13.30 h (4º primaria)
7 de maio, de 12 a 13.30 h (5º primaria)
Enreguéifate é un proxecto que promoven os concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo e que, asemade, se suma á rede de revitalización que desde hai anos se está producindo no ámbito escolar e asociativo, nomeadamente á Regueifesta, ás propostas de inclusión nos espazos educativos que encabezan os centros de Baio e Vila de Cruces e á asociación ORAL.
Na web do proxecto www.enregueifate.gal pode atoparse máis información sobre o programa.
O programa Enreguéifate actívase, como cada primavera dos últimos anos, con obradoiros nos centros de ensino, novos materiais formativos en liña e un certame de regueifas en vídeo.