Premios Manuel Beiras

Empresas

Entrega dos galardóns da XX edición dos Premios Manuel Beiras, ao uso do galego nas empresas.

O acto estará conducido polo actor Carlos Blanco e fará unha lembranza polos 20 anos de traxectoria destes premios que recoñeceron xa o esforzo de moitas empresas compostelás para normalizar o uso do galego na súa comunicación.

Poderemos acompañar as empresas premiadas nesta edición, que se darán a coñecer nese mesmo día, e teremos tamén ocasión de escoitar as intervencións dos representantes institucionais.

O acto é aberto ata completar a capacide do teatro.

Dirixido a : 
Empresas e público en xeral
Data, hora e lugar: 
Lun, 16/12/2019 - 20:00
Teatro Principal
Prazas: 
200