A pita xefa

Títeres Alakrán
Crianzas

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… mais, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!  Títeres Alakrán adapta a premiada e orixinal historia de Marta Lado con ilustracións de Marina Seoane, que anima a cuestionarse de xeito divertido os esquemas sexistas dominantes.

Obra gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021).

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 19. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 20/06/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25