Pautas para a crianza
Unha serie de catro obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se irán desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Tratan de temas de especial interese nas idades máis temperás e combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.
“Reflexionamos sobre pautas para a crianza”
Os venres deste mes falaremos sobre o marco xeral de crianza e a concreción en cada familia a través dos diferentes estilos.
Para as nenas e nenos:
- 3 de setembro “Construímos a nosa casiña”
- 10 de setembro “Xogamos con caixas”
- 17 de setembro “Construímos un cadro con tapas”
- 24 de setembro “Pintamos con kétchup”
A inscrición das familias para os obradoiros é única para todo o mes neste formulario. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.
O acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara.