Palma repalma...

creada por pvproductions - www.freepik.es
Crianzas

Pavís Pavós achegaranos á maxia de escoitar historias, coas que pensar, aprender e, máis que nada, gozar. Nunca podemos predicir que camiño seguirán pero si que o percorreremos na nosa lingua.

A Asociación Pavís Pavós leva máis de 25 anos investigando e recuperando o xeito tradicional de contar contos e levándoo ata miles de orelliñas ansiosas.

Haberá dúas sesións, segundo as idades:

Inscrición para Palma repalma de 0-3 anos (17 h) 14/07/2022

Inscricion para Palma repalma de 3-6 anos (18.15 h) 14/07/2022

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda.

 

Dirixido a : 
Nenas e nenos de 0 a 6 anos, en dúas sesións diferenciadas
Data, hora e lugar: 
Xov, 14/07/2022 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
25