Obradoiros para o Apalpador

Apalpador
Crianzas

Este mes, a Asociación Semente Compostela achégase ao Espazo Apego para ir preparándonos para as festas do Nadal arredor da figura do Apalpador cunha serie de obradoiros creativos. O sábado 18 haberá dúas quendas dun obradoiro de artes plásticas ben chulo guiado por Mirari Urruzola, artista e titiriteira que ten realizado numerosos obradoiros usando a técnica do vimbio. Neste obradoiro construiranse uns faroliños para que posteriormente as familias leven á ruada do Apalpador convocada para o 21 de decembro.

11 h Obradoiro de creación de faroliños para a ruada do Apalpador (duración 55 minutos)

12 h Obradoiro de creación de faroliños para a ruada do Apalpador (duración 55 minutos)

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. Ambos os obradoiros teñen formularios de inscrición independentes.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. 

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para crianzas de 3 a 8 anos (as menores de 5 anos acompañadas dunha persoa adulta)

Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara de 6 anos en diante.

Dirixido a : 
Crianzas de 3 a 8 anos (as menores de 5 anos acompañadas dunha persoa adulta)
Data, hora e lugar: 
Sáb, 18/12/2021 - 11:00
Espazo Apego
Prazas: 
15