Obradoiro de dioramas

Crianzas

Artes visuais, literatura, teatro, música… para construír e contar unha historia.

Neste obradoiro acompañaremos a cativada proporcionándolle materiais e respectando os seus tempos e a súa diversidade para que liberen o imaxinario. Coas súas creacións darán forma á historia que representen ao remate.

É necesario inscribirse e agardar a confirmación da praza. O formulario estará aberto ata as 12 h do día anterior á actividade. As confirmacións envíanse posteriormente por correo electrónico.

Inscrición para o obradoiro de dioramas

 

 

Dirixido a : 
Nenos e nenas entre 4 e 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 15/09/2022 - 19:00
Espazo Apego
Prazas: 
15