Obradoiro de arrolos

Mamá Cabra
Crianzas

O mércores hai función e aprendizaxe cun Obradoiro de arrolos de Mamá Cabra !

Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretan e apréndenlles ás familias participantes neste pequeno obradoiro algúns arrolos cos que adormecer, aleitar, e tamén cos que gozar da música nos primeiros días e meses de vida. O obxectivo do grupo Mamá Cabra dende o seu nacemento é o de transmitir o gusto pola música dende a primeira infancia e este obxectivo comeza a acadarse nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.

De 0 a 3 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Familias con crianzas de 0 a 3 anos.
Data, hora e lugar: 
Mér, 24/03/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
17