O son da auga

Inscrición
O son da auga
Crianzas

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento…

Neste mércores de escoliña gozaremos dun obradoiro tecnolóxico no que a experta en didáctica Almudena Alonso Ferreiro achegará unha nova visión ás familias sobre como traballar coas crianzas no eido da construción de xogos tecnolóxicos e con elementos facilmente dispoñibles. Tamén haberá unha actividade de auga!

Para familias con crianzas de 3 a 6 anos

20 prazas (máximo 10 crianzas)

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Para familias con crianzas de 3 a 6 anos.
Data, hora e lugar: 
Mér, 22/07/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20