O pozo do encanto

Crianzas

A nosa protagonista, Alí, aparece transmutada na popular figura do “encanto”, unha fada que vive onda unha fonte entre as penas da serra. Con todo, aló arriba cada vez visítana menos persoas, así que é ela quen decide baixar á vila para poder seguir transmitindo a súa fala máxica.

A cativada gozará da historia, guiada por Lydia Botana "Bolboreta", mentres as persoas maiores que os acompañen van coñecendo diferentes recursos para a crianza en galego.

Para asistir a este obradoiro-conto é necesario reservar praza no seguinte formulario:

Inscrición

O prazo para anotarse está aberto ata as 12 horas do día anterior á actividade. Posteriormente recibiredes unha mensaxe no correo electrónico para confirmar a praza.

 

 

Dirixido a : 
Nenos e nenas de 3 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 30/06/2022 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25