O Peirao

Diáspora Teatro
Crianzas

A través da narración oral e o teatro de obxectos nace esta fermosa historia localizada nun embarcadoiro e con dous pescadores de contos como protagonistas. Algunhas das historias veñen de preto, outras de lonxe e outras non teñen procedencia. Contos para mirar ao redor, a natureza e a nós mesmas. O Peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 8. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta acompañante. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
A partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 09/11/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25