O mar do Apego

Mar do Apego
Crianzas

Argazo, sardiña, arroaz, nécora, lura, estrelamar… Queres coñecer o mundo de Po? Ven logo ao Espazo Apego canda Fabaloba e Luís Prego para descubrir o mural interactivo “O mar do Apego”. Nesta inauguración xogaremos coas palabras deste mar tan especial e cantaremos ao ritmo do acordeón do noso amigo Luís. 

De 0 a 6 anos.

Para asistir é necesario inscribirse previamente neste formulario. Podes facelo desde unha semana antes da actividade ata o día anterior. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal). Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase unha praza por neno/a.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será  obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas. 

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 03/12/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20