O galego, con todos os acentos

Xeral
10/04/2023

O programa ELOS é un recurso dispoñible para todas as persoas que queiran achegarse ao galego a través da conversa e tamén para quen, de xeito voluntario, teña disposición para colaborar.

Lucía, de Alemaña, Takeshi, do Xapón, Patrick, dos Estados Unidos e Yolanda, de Venezuela, neofalantes con cadanseu acento, colaboraron co programa para invitarnos a formar parte desta rede de transmisión da lingua, a sumarnos como un elo máis da cadea.

 

 

Resumo: 

Estreamos un novo vídeo no que Lucía, Tim, Yolanda e Takeshi nos invitan a compartir a lingua.