O agasallo das árbores
OS XOVES FUNCIÓN!
Cris de Caldas e Xabi do Camiño hannos traer unha sesión de contos con música en directo onde a conciencia ambiental vai ser o fío condutor. Coa axuda dunha versión do clásico Os tres porquiños, que neste caso serán tres porquiñas moi ecoloxistas, imos aprender a importancia que ten preservar o mundo en que vivimos.
Para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Para asistir é necesario inscribirse previamente neste formulario. Podes facelo desde unha semana antes da actividade ata o día anterior. As prazas asignaranse por orde de inscrición e recibirán confirmación por correo electrónico no enderezo que se indique. En caso de non poder asistir, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo habitual (dlg@santiagodecompostela.gal). Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares. No número de inscricións contarase unha praza por neno/a.
Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas.