Publícanse as vídeo-regueifas da edición 2019

Asociacións
Crianzas
Ensino
Mocidade
Xeral
01/07/2019

A web do programa xa inclúe o acceso a todos os vídeos participantes na edición 2019 do Enreguéifate.

A escolar chegou aos 42 vídeos, nos que participan centos de nenos e nenas de diferentes centros escolares do país amosando as súas habilidades regueifeiras. Esta foi a categoría que alcanzou maior éxito mais os 10 vídeos presentados na xeral demostran tamén que a tradición da regueifa continúa revitalizándose en calquera recuncho e que interesa a xente de todas as idades.

Con todos os vídeos xa publicados, o xurado poderá emitir nos próximos días o seu veredicto, no que escollerá as mellores regueifas en cada categoría. Á volta do verán, o 27 de setembro, está prevista a entrega dun recoñecemento a todos os premiados nunha gala aberta que se celebrará no Teatro Principal de Santiago.

Para ver as vídeo-regueifas podes premer nesta ligazon.

Resumo: 

O certame Enreguéifate suma máis regueifeiros e regueifeiras ao espazo virtual