Contos para cagar patatillas

Contos para caghar patatillas, Brais das Hortas (Youtube)
Crianzas

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Quen ten cu ten medo! Iso non é malo: é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Diso falan os contos de Brais das Hortas, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Unha vez que remate o prazo, confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 2 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 31/10/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
30