Actividades do Apego en outubro
No Espazo Apego haberá espectáculos, contos, cociña, experimentos, visita das avoas e avós dos centros socioculturais... Vén o mes de outubro cargadiño de castañas e actividades no mellor abeiro da choiva do outono!
A proposta de actividades do mes de outubro no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.
Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; realizaremos unha actividade interxeracional coa visita de maiores das actividades dos centros socioculturais en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Luns 7. Merendolas
Luns 14. Movéndonos con Apego
Luns 21. Quen vén?
Luns 28. Experimentamos
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 1
Martes 8
Martes 15
Martes 22
Martes 29
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
Mércores 2. Xogamos coas palabras
Mércores 9. Fabricamos xoguetes
Mércores 16. Imos ao patio
Mércores 23. Xincana de palabras
Mércores 30. Xincana de palabras
Tachán!
Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Contos da lúa de Trécola Teatro (de 2 a 6 anos)
Xoves 10 / 18 h / Espazo Apego
Cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura con moita imaxinación.
Contos para cagar patatillas de Brais das Hortas (de 2 a 6 anos)
Xoves 31 / 18 h / Espazo Apego
Quen ten cu ten medo! Iso non é malo: é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Diso falan os contos de Brais das Hortas, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.
Abertas as inscricións para as actividades de outono no Espazo Apego