A pita xefa
Tachán!
Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… mais, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Títeres Alakrán adapta a premiada e orixinal historia de Marta Lado con ilustracións de Marina Seoane, que anima a cuestionarse de xeito divertido os esquemas sexistas dominantes.
Obra gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021).
A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 19. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:
Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.