Actividades do Apego en maio

Ascensión
Crianzas
30/04/2024

Maio en Compostela significa festa. A Ascensión é a máis picheleira delas e as actividades do proxecto Apego vanse complementar coas que ofrecerá a programación das festas e que se poden atopar na páxina xeral do Concello. Iso, a gozar da troula!

A proposta de actividades do mes de maio no Espazo Apego está xa dipoñible.

Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

 

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; recibiremos especialistas en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 6. Merendolas

Inscrición

Luns 13. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 20. Quen vén?

Inscrición

Luns 27. Experimentamos

Inscrición

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 7

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 14

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 21

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 28

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 8. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 15. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 22. Imos ao patio

Inscrición para  0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 29. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Contos do chupete de Bea Campos (0-4 anos)

Xoves 2 / 18 h / Espazo Apego

Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. A cativada poderá chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Inscrición

 

Raposadas de Raquel Queizás (+3 anos)

Xoves 23 / 18 h / Espazo Apego

A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte, mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.

Inscrición

Resumo: 

Un maio con moita festa!