Final do Club de Debate Alingua 2024

Club de Debate Alingua
Ensino
Mocidade
15/04/2024

O sábado 13 de abril desenvolveuse a gran final galega do Club de Debate Alingua 2024 no Multiusos do Val do Dubra.

Parabéns aos equipos gañadores do Club de Debate Alingua 2024!

1º clasificado: IES Terra de Xallas (Santa Comba)

2º clasificado: IES Camilo José Cela (Padrón)

Ambos os dous equipos serán os que gocen do premio dunha viaxe multiaventura dunha fin de semana neste mes de abril!

Mais temos que darlle tamén os parabéns aos outros catro equipos participantes na gran final deste ano, polo alto nivel demostrado. O tema sobre o que se debateu: "A pervivencia da lingua galega depende das pesoas neofalantes". O xurado tivo complicada a decisión, nesta igualadísima final, que se decidiu nunha pequena presa de puntos.

- Os Sofistas (IES de Cacheiras - Teo)

- Os Testudos (CPI de Bembibre - Val do Dubra)

- IES Canido (Ferrol)

- Os Gandariños (CPR Santiago Apóstol - Narón)

O resto dos equipos que participaron nesta edición que reciban tamén unha gran felicitación pois, independentemente do resultado, o esforzo que todos investiron nesta actividade non vai ser en balde. As emocións positivas que experimentaron tanto no proceso de preparación como nas xornadas de debate das fases previas han tardar en esquecelas.

Nesta edición, o concello de Santiago participou con catro equipos do Colexio La Salle que despregaron alegría, ganas e saber facer arredor da oratoria e tamén da lingua na quenda de debates que levaba por título: "Deben prohibirse os teléfonos móbiles nos institutos".

- Cicerónicos (Colexio La Salle - Santiago de Compostela)

- Indivisa Manent (Colexio La Salle - Santiago de Compostela)

- Os Cetáceos (Colexio La Salle - Santiago de Compostela)

- MC (Colexio La Salle - Santiago de Compostela)

- CPI dos Dices (Rois)

- CPR Plurilingüe Calasancio (Pontevedra)

- IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

- IES Luís Seoane (Pontevedra)

- IES Concepción Arenal (Ferrol)

- IES Saturnino Montojo (Ferrol)

- Santiaguiños (CPR Santiago Apóstolo - Narón)

- Trasanqueir@s (IES Terra de Trasancos - Narón)

- Xenerais (IES de Cacheiras - Teo)

- IES Monte Neme (Carballo)

Só queda agardar que a vindeira edición do Club de Debate Alingua sexa tan produtiva coma esta que vén de rematar. 

 

Resumo: 

A pervivencia da lingua depende das persoas neofalantes: a favor / en contra