Actividades do Apego en abril

Crianzas
20/03/2024

A proposta de actividades do mes de abril no Espazo Apego xa está dispoñible e... ademais, unha recomendación neste mes dos libros. Deámoslle importancia á lectura desde que nacen, con isto fomentaremos as habilidades lingüísticas, o interese polo coñecemento, o incremento da concentración e tamén desenvolveremos a súa imaxinación e creatividade.

 

Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

 

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; recibiremos especialistas en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

 

Luns 8. Merendolas

Inscrición

 

Luns 15. Movéndonos con Apego

Inscrición

 

Luns 22. Quen vén?

Inscrición

 

Luns 29. Experimentamos

Inscrición

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 para 3 a 6 anos. Este mes toca igualdade.

 

Martes 2

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Martes 9

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Martes 16

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Martes 23

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 30

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

 

Mércores 3. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Mércores 10. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Mércores 17. Imos ao patio

Inscrición para  0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Mércores 24. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

 

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

 

Tralará de Marta Ortiz (0-4 anos)

Xoves 4 / 18 h / Espazo Apego

Na estrea do seu novo espectáculo, Marta Ortiz xunta contos, cantigas e obxectos e tráenolos con moito ritmo ao Espazo Apego! Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade. Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e cos refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados.

Inscrición

 

O lobo feliz de Miguel Guido (+3 anos)

Xoves 18 / 18 h / Espazo Apego

É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveándolle á lúa. Un contacontos con música e moito humor, baseado no libro do mesmo nome e contado polo seu autor, Miguel Guido.

Inscrición

 

Resumo: 

Un abril de actividades e libros