A Ramona pequena...

Pakolas
Crianzas

A Ramona pequena vai á Lúa

Cando Ramona contaba 6 aniños tiña unha mente esperta e imaxinativa e adoraba perderse entre as páxinas do seu autor favorito: Xulio Verne. Da Terra á Lúa era o libro que máis grandes curiosidades lle producía e non paraba de preguntarse se alá arriba viviría alguén, se habería auga, se se podería cultivar, se saberían ou, polo menos, entenderían o galego… O novo espectáculo musical de Pakolas non lle pon límites á imaxinación!

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 19. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta acompañante. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
+ 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 20/07/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
30