Novos lobos

Inscrición
Novos lobos
Crianzas

Na soidade da montaña, un pastor cóntalles ás súas ovelliñas contos de novos lobos. Lobos que xa non meten medo como o lobo de San Froilán, quen trocou a súa ansia devoradora de carne pola dos libros, ou o lobo a quen lle gustaba a música e non comeu a avoíña do carapuchiño porque esta lle cantou unha canción, ou o conto do lobo e do seu eterno inimigo, o raposo, aos que amosarse a súa amizade e afecto lles axuda a que todo lles vaia mellor.

Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques no que se toca o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades. Deconstrúense nel algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada, nunha tentativa de ofrecerlle ferramentas conceptuais ao público que axuden a previr a discriminación por xénero. Novos lobos é tamén unha homenaxe a Rosalía de Castro, tomando como referecnia o Poema de Xan, Fantoches Baj crea esta fermosa historia.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 8. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Nenos e nenas de máis de 5 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 09/03/2023 - 18:00
Espazo Apego