"Coser e cantar" de Marta Ortiz

Crianzas

Recuperamos o conto de Marta Ortiz programado inicialmente para o 16 de agosto e suspendido por causa da chuvia. COMO A PREVISIÓN CONTINÚA DANDO CHOIVA TRASLÁDASE AO ESPAZO APEGO

 

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, copas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio de coser. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas.

Debido ás limitacións de espazo, o número de prazas será limitado. 

INSCRICIÓN (Estará aberta ata o propio martes día 6 ás 12 h ou ata completar as prazas dispoñibles; confirmaranse por correo electrónico).

 

 

 

 

Dirixido a : 
Nenas e nenos a partir de 4 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 06/09/2022 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25