Roupa tendida

Crianzas

Un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos da man de Atenea García para achegar dous mundos: a literatura de tradición oral e a literatura contemporánea combinando ambos repertorios e procurando que dialoguen entre si.  As maiores da casa contan que cando eran cativas, ao caer da noite, a xente sentaba arredor do lume para contar historias. Para as pequenas, aquel era o mellor momento do día.

Aberto e sen inscrición previa.

Recomendamos levar unha mantiña para sentar na herba.

Dirixido a : 
Nenas e nenos a partir de 4 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 09/08/2022 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas: 
Sen límite