Separación ou divorcio
Crianzas
Obradoiro sobre como afrontar coas crianzas a separación ou o divorcio, impartido por Arraianas.
Desenvolverase no Espazo Apego e está aberto a calquera nai, pai ou persoa coidadora.
Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:
Se é necesario para acudir ao obradoiro, ofrécese unha actividade paralela para nenas e nenos entre 2 e 6 anos. En caso de requirila deberán anotarse no formulario os datos dos nenos e nenas asistentes.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. Posteriormente envíanse as mensaxes de confirmación (ou agarda) ao enderezo electrónico indicado na inscrición.
Dirixido a :
Nais, pais e persoas coidadoras
Data, hora e lugar:
Ven, 17/06/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas:
25