Autonomía e emocións

As emocións do polbo Po
Crianzas

 

OBRADOIROS PARA MEDRAR

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Trátanse temas de especial interese nas idades máis temperás e combínase a aprendizaxe das persoas adultas coas actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

Este mes ofrécense obradoiros formativos para as persoas implicadas na crianza e actividades lúdicas simultáneas para as crianzas que o desexen na sala anexa.

 “A autonomía e a educación emocional”

As crianzas nacen totalmente dependentes das persoas adultas, pero a medida que van desenvolvéndose deben medrar en autonomía e neste eido a familia ocupa un lugar fundamental. No primeiro bloque de obradoiros vaise reflexionar, ademais sobre un aspecto concreto cara á independencia no proceso de retirar o cueiro.

As emocións desempeñan un papel importante na vida, por iso é importante saber como se desenvolven e como afectan as adaptacións persoais e sociais. O segundo bloque de contido tratará sobre o desenvolvemento emocional ou afectivo no proceso de construción da identidade: a autoestima, a confianza, as interaccións cos pares significativos…

1 de abril: Da dependencia á autonomía

8 de abril: Sacamos o cueiro?

22 de abril: Educar os afectos

29 de abril: Como traballar as emocións en situacións concretas coas crianzas?

A inscrición das familias para os obradoiros é única para os venres 1, 8, 22 e 29 de abril neste FORMULARIO.

 

Dirixido a : 
Nais, pais ou persoas adultas coidadoras de crianzas ata os 6 anos
Data, hora e lugar: 
Ven, 22/04/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25