Tardes de contos
Un tempo para entrar nos contos e experimentar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente e en dous horarios: de 17 a 18 h para menores de 3 anos e de 18.15 a 19.15 para 3 a 6 anos.
Este mes centraremos a atención na figura das avoas e dos avós, esas persoas ás que nunca se lles acaban os abrazos nin os momentos para facernos sorrir.
Martes 18. Festa!
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.