A caixa sen Pandora
Crianzas
O último martes de agosto e o último conto no parque.
Teatro Ghazafelhos / “A caixa sen Pandora”
Unha historia que propón unha pregunta: que pasaría se Pandora non abrise a caixa? De aquí parte un repaso divertido de mulleres que decidiron romper coa norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade. Quereremos nós abrir a nosa propia caixa?
Idades recomendadas a partir de 3 anos
Para seguirmos sendo prudentes, haberá limitación de prazas e, polo tanto, será necesario inscribirse previamente. Pode facerse desde o xoves, 26 de agosto en reservas.gal
Será obrigado levar a máscara e recomendamos tamén unha mantiña para sentar na herba!
Dirixido a :
Nenos e nenas a partir de 3 anos
Data, hora e lugar:
Mar, 31/08/2021 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas:
150