O que levamos nas maletas
No cuarto martes do mes de agosto vai chegar ao parque de Bonaval Magín Blanco coas maletas cargadas de contos e cantos!
Magín Blanco / “O que levamos nas maletas”
Un contacontos musicado que axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e pola música para que poidan crear o seu propio universo creativo. Das maletas de Magín irán xurdindo obxectos (monicreques, monecos, ferramentas, instrumentos de percusión…) que introducirán cada peza musical e convidarán a cativada a participar. Dende as cancións iranse sucedendo escenas que convidan a percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.
Para seguirmos sendo prudentes, haberá limitación de prazas e, polo tanto, será necesario inscribirse previamente. Pode facerse desde o xoves, 19 de agosto en reservas.gal
Será obrigado levar a máscara e recomendamos tamén unha mantiña para sentar na herba!